
Co seu estilo Barroco chegou ao centro de Santiago e, exactamente, a diante do Colexio de Fonseca, desde a finca de recreo do Conde de Priegue. Foi cedida, xunto co seu xardín de recreo, ás monxas Carmelitas para construír o primeiro convento en Santiago. Posteriormente foi trasladada á propiedade dun contratista de obras en 1943.
Trátase dunha fonte urbana do s. XVIII sen importancia histórica ou monumental, que se conserva sen alteracións desde que nos anos 60 do s. XX foi colocada na súa situación actual.
Esta fonte de orixe palaciano de antes de 1753 é ornamental, polo que non é de grandes dimensións, pero conta cunha fina articulación nas súas proporcións: un sinxelo pío circular, unha árbore cilíndrica de fuste liso e, sobre esta, unha cunca pétrea circular cuberta cun cupulín de forma case semiesférica que remata cun pináculo poligonal no que hai situada unha esfera pétrea. As bocas dos catro canos teñen tallas e gravados nos que se representa a nenos ou anxos con bochechas coroados cunha cuncha de concavidade exterior. ∗
Actualmente esta bonita fonte móstrasenos con canos de bronce rotos e cun fío de auga saíndo deles debido á inexistente limpeza do sistema que a abastece. Os óxidos metálicos fan que as caras dos anxos da súa cuncha muden de cor ao quedar sen a protección da auga.

07.00 horas
12.00 horas
17.00 horas
22.00 horas