CONTACTO
FILOSOFÍA DO PROXECTO
O SON E A AUGA
Fonte de Porta do Camiño

Na entrada do Camiño Francés, o máis antigo de todos, á zona monumental de Santiago está situada a Fonte de Porta do Camiño, lugar no que os peregrinos saciaban a súa sede e se lavaban despois do longo camiño.

Escritos sobre ela que a datan do s. XVI e XVII indícannos que a fonte é de construción moi antiga. Os documentos do s. XVI poñen de manifesto a súa importancia, pois tratábase dunha fonte utilitaria cun pío para dar de beber aos animais ao final do camiño. D. Gregorio de Seoane, na Real Provisión de Carlos V, indica que esta fonte, xunto con tres m´is, botan pouca auga e, nalgúns casos, ningunha.

Planos datados en 1744 represéntana coma unha estrutura cuadrangular con chanzos descendentes, pois o surtidor estaba situado por debaixo do nivel do chan, antigamente adosada á muralla. Este dato pode indicarnos que contaba cun manancial propio. No s. XIX dótase dunha arquitectura monumental en forma de estrutura cúbica que remata nun elaborado pináculo de alcachofa e o escudo da cidade na parte frontal. Os chanzos descendentes dan acceso aos dous canos do manancial.

Non hai documentos que mostren como era no pasado, pero en 1834 o Concello reedificou a fonte municipal que vemos hoxe en día. Conta cunha tipoloxía de “templete” que lembra ás fontes romanas parietais, dando un aire moi administrativo de utilidade pública.



∗ Para coñecer a bibliografía do texto sitúe o cursor sobre cada un dos asteriscos.

07.00 horas

12.00 horas

17.00 horas

22.00 horas