
A Fonte do Franco é posiblemente unha das máis antigas da cidade pois, segundo a lenda, a súa orixe remóntase aos tempos de translación apostólica. ∗ Está situada no final da Rúa do Franco, moi preto da Fonte de Fonseca.
Existe unha lenda sobre a fonte relacionada coa Ruta Xacobea, na cal no s. I os dous bois que tiraban dun carro cos restos do Apóstolo Santiago paráronse nese punto a causa da sede, escavaron coas súas patas a terra e dela manou auga.
Outra lenda, en cambio, identifícaa como a fonte milagreira, pois devolveulle a visión a un peregrino italiano que bebeu do seu cano. A historia de Franco de Gamma, persoa pola cal se lle deu este nome á importante rúa do Casco Histórico da cidade, converteu en tradición para os peregrinos beber do seu cano.
A súa orixe máis fiable atopámola no s. X, primeira fase de crecemento urbano e nacemento de Vicus Francorum. Xa no s. XVI, D. Gregorio de Seoane, oficial de cantería, describiu o seu estado como “… lamentable, …bota moi pouca auga”.∗
En 1686, o veciño da casa na que se situaba a fonte levou a cabo reparacións na súa casa, ordenando que a auga do manancial que subministraba a fonte tivese unha saída directa á súa vivenda. Esta petición foi cumprida a medias, pois aparte dunha entrada directa do manancial, deuse a posibilidade de que o pobo puidese seguir abastecéndose coa súa auga. Esta obra non tivo un resultado tan favorable para os veciños, pois do cano público saían “inmundicias en vez de auga”.∗ Posto que tras unha inspección se descubriu que o manancial non estaba baixo los cimentos do que ata ese momento pensaban que era o propietario, o alcalde decidiu que os veciños farían unha bóveda que cubriría desde o nacemento exacto do manancial ata a fonte. Construiríase tamén unha arqueta cunha gran porta co fin de dar acceso a fontaneiros para a súa limpeza e mantemento. En 1830, a fonte foi reconstruída, ordenando, un a&ntile;o máis tarde, a reparación dos seus deteriorados canos. ∗
Actualmente permanece seca, cos seus dous canos en desuso, a pesar de que ao seu arredor se oe auga correr. Está situada por debaixo do nivel da rúa, de forma que só se pode acceder a ela por unhas escaleiras. Estas escaleiras teñen no lugar de acceso á rúa un portal, polo que non está permitido acceder a elas.

07.00 horas
12.00 horas
17.00 horas
22.00 horas