CONTACTO
FILOSOFÍA DO PROXECTO
O SON E A AUGA
O son e a auga

“As voces da auga son apenas metafóricas, que a linguaxe das augas é unha realidade poética directa, (…) que as augas ruidosas ensinan a cantar aos paxaros e aos homes (…) e que hai continuidade, en suma, entre a palabra da auga e a palabra humana”

Os sons da auga son elementos fundamentais da paisaxe sonora que acompañaron ao home desde as súas orixes. A auga forma a maior parte do seu corpo, nada nela antes de formar parte do mundo, manteno con vida. Diferentes filósofos referíronse a este elemento: Parménides dicía que “Todo flúe e nada permanece”, todo esté en constante cambio e transformación, e segundo Heráclito de Éfeso: “Nunca te bañarás dúas veces no mesmo río”. Estas dúas famosas citas teñen relación directa coa auga e o seu constante movemento, un fluír que representa o paso do tempo, a vida.

Ao igual que existe esta relación entre o tic tac do reloxo e o incesante decorrer deste líquido transparente, existe un paralelismo entre a música e a auga. José Luis Carles indica que “na música os sons evolucionan de maneira organizada e esta organización de acontecementos que evolucionan no tempo posúe moitas semellanzas cos movementos e figuras que realiza a auga nas súas múltiples formas de manifestarse na natureza.” Cada unha das correntes de auga, xa sexa un río, un arroio, unha praia ou o son dunha fonte, flúen, conteñen microvibracións, microrritmos, variacións espectrais e dinamismo, de igual maneira que a música.

A auga ten unha linguaxe e unha voz propia que usa para falarnos de si mesma, daquilo que a rodea, da súa calma ou axitación. Dependendo de se corre, se cae, se se levanta, se se proxecta, producirá sons moi diversos. Schafer indícanos no seu libro sobre paisaxe sonora que cada lugar, río ou fonte usará unha linguaxe diferente.
Por este motivo, o seu son dependerá do elemento do que proveña e do material que a rodee: non soará igual a auga dunha fonte cuxo cano sexa metálico que unha cun de pedra, a auga convertida en sarabia que a silenciosa neve. Michel Chion móstranos con diversos exemplos cinematográficos que o son da chuvia pode adquirir trazos (“quasi”-) musicais dependendo do material contra o que entre en contacto, como por exemplo, un paraugas. A sinfonía que se crea co bater constante da auga sobre os diferentes tipos de paraugas recorre desde as rúas aos camiños e das cidades aos campos, enchéndoas de diferentes sons. Cada un deles e as súas distintas superficies cambian os sons daquilo que os rodea e modifica as características da paisaxe sonora.

Bernáldez indícanos que os espazos e as paisaxes sonoras nos que podemos escoitar o decorrer da auga teñen unha maior aceptación que aqueles nos que se escoita el bulicio da cidade. Diferentes experimentos realizados por José Luis Carles sobre o son e a paisaxe indican que o son da auga posúe unha maior capacidade para producir no ouvinte unha sensación de calma, tranquilidade, serenidade. No relativo ao seu carácter sonoro, pódense obter desde os sons máis relaxantes e místicos ata os máis aterrecedores. Cando pensamos no son da auga, pensamos nun mar en calma, na chuvia, nas ondas rompendo contra a rocha. Pero a auga tamén pode crearnos unha sensación de inquietude ou de medo: o goteo dunha billa mal pechada pode causar en nós certo nerviosismo ou obsesión, sentindo a necesidade de pechalo, ao igual que o son dunha tormenta nos fai sentir inquietude e temor. Sobre estas diferentes dimensións da auga, Cristina Palmese engade que a auga “recolle todas as situacións da alma e a vida humana e a súa relación coa natureza”.

O son da auga foi representado na música por múltiples directores. Para Schubert ou para Franz Liszt este é un tema máis recorrente.

Non debemos esquecer que nunha das publicacións importantes do World Soundscape Project atopábase a secuencia Entry to de Harbour (Entrada ao puerto), A ela únense outras moitas como Harbour Ambience, The Music of Horns and Whistles, Vancouver Soundmarks. Isto móstranos a gran importancia que desde o estudo das paisaxes sonoras se lle concedeu á auga e a todo o que a rodea.

Con todo o dito anteriormente podemos concluír que case sempre o son da auga í aceptado de forma positiva (as fontes queren dicir vida). Como exemplo final disto citaremos a fonte situada nos xardíns de “Villa Borguese” de Roma, na que figura a seguinte expresión “Vitae laudem murmure suo fons canit” ou, o que é o mesmo, “a fonte canta co seu murmurio a gabanza da vida”.

   ∗ Para coñecer a bibliografía do texto sitúe o cursor sobre cada un dos asteriscos.